Nova web do BNG de Xinzo

Após dez anos de funcionamento estreamos novo deseño desta páxina, máis moderno e acorde coas tendencias actuais e máis aberto e participativo mediante a interacción coas principais redes sociais. En calquera caso os obxectivos iniciais cos que naceu a nosa web fican intactos: servir de canle directa de comunicación para informar con datos do que acontece dentro e fóra do Concello e para transmitir sen intermediarios as opinións políticas e propostas do Bloque de Xinzo a todos os veciños e veciñas.

Todo o arquivo publicado nestes dez anos seguirá accesíbel para consulta a través desta ligazón. Moitas grazas a todas e a todos por estar aí e vémonos outros dez anos máis! 😉