Categoría: En destaque

Inauguración do novo local do BNG nas Galerías ‘Século XXI’

Este sábado celebramos a inauguración do novo local social do BNG en Xinzo. Un centenar de veciños e veciñas se achegaron ata as Galerías Século XXI para compartir unha tarde de festa e escoitar as intervencións de Ramiro Rodríguez, Concelleiro e Deputado Provincial e Noa Presas, Deputada no Parlamento de Galiza. Rodríguez aproveitou a recente . . .

O pleno do Concello de Xinzo debaterá a moción para solicitar á Deputación a posta en marcha dun Plan Único

No día de hoxe os tres grupos da oposición no Concello de Xinzo, PSdeG-PSOE, XA (Xinzo Adiante) e BNG, rexistramos unha moción conxunta para instar á Deputación de Ourense á posta en marcha dun Plan Único de cooperación cos concellos da provincia que permita un reparto obxectivo dos fondos segundo os criterios establecidos pola FEGAMP . . .

O BNG apoiará a moción conxunta para anular a licenza de obra da planta asfáltica de Parada de Ribeira

Na Xunta de Goberno Local do 24 de maio do 2017 acordouse a concesión da licenza urbanística a unha Planta de produción de mestura bituminosa en quente na canteira de Bouzas nº266 de Parada de Ribeira. Este expediente, que no seu día foi iniciado pola empresa OCA, S.A., actualmente é promovido pola empresa “Obras, Pavimentos . . .

O grupo de goberno deberá asumir as súas responsabilidades ao conceder licenza á planta asfáltica de Parada de Ribeira

Logo de anos de tramitación e cun troco normativo polo medio, o grupo de goberno do PP ven de dar luz verde á posta en marcha da Planta de produción de mestura bituminosa en quente na canteira de Bouzas, nº266, de Parada de Ribeira. De nada serviron os centos de alegacións presentadas polos veciños e . . .

O proxecto actual da avenida de Celanova é unha aberración que non se xustifica baixo ningún criterio urbanístico nin de seguridade

O proxecto actual da avenida de Celanova, que contempla a eliminación das árbores centenarias alí existentes, é unha aberración desde todos os puntos de vista e non se xustifica baixo ningún criterio de seguridade nin urbanístico. Os veciños e veciñas desa rúa merecen unha solución á problemática que existe na actualidade, mais esta non pasa, . . .

O BNG rexeita a tala das árbores da estrada de Celanova e solicita repensar o proxecto

Recentemente vimos de coñecer polos medios de comunicación a intención do Concello de executar un proxecto de arranxo da Avenida de Celanova que implicaría a eliminación das árbores actuais. Dende o BNG de Xinzo entendemos que se debe apostar polo mantemento e potenciación dos espazos verdes así como de todas as árbores existentes na vila, . . .

O BNG esixe medidas á Xunta para evitar que a couza guatemalteca poida afectar á comarca da Limia

O Grupo Municipal do BNG de Xinzo ven de presentar unha iniciativa no Concello para solicitar da Xunta de Galiza medidas urxentes para o control e erradicación da praga da couza guatemalteca da pataca. A praga da pataca causada pola polilla guatemalteca (Tecia solanivora), que se estende por Galiza e Asturias, constitúe un risco que . . .