A errática e desnortada acción política do PP de Xinzo, especialmente nos últimos anos, ten a súa expresión máis gráfica na francamente mellorábel situación dos diversos parques infantís, espazos de lecer e zonas verdes espalladas ao longo e ancho da nosa vila. De entre todas as desfeitas destacan as perpetradas na Alameda e no Parque . . .
No BNG defendemos que Galiza ten dereito a controlar os seus recursos enerxéticos e para iso é fundamental poñer fin á actual situación de explotación colonial e reclamar capacidade normativa. Co actual modelo, mentres estado e eléctricas aumentan os seus beneficios e Galiza exporta enerxía, no noso país hai máis de 442.000 persoas que declaran non . . .
A confirmación por parte da Audiencia Provincial da sentenza emitida hai uns meses polo Xulgado do Penal nº1, logo de deducir testimonio tras as sentenzas do Contencioso-Administrativo, é o capítulo final da lamentábel traxectoria política do Sr. Antonio Pérez, que xa encetou con mal pé ao empurrar, logo de meses de chantaxes e trapicheos dentro . . .
Desde o BNG de Xinzo vémonos na obriga de denunciar a falla de planificación e de consciencia de xénero amosadas polo Goberno do Partido Popular de Xinzo á hora de planificar os actos do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista. A nosa organización cre fundamental visibilizar o rexeitamento contra este grave problema . . .
No Pleno extraordinario do pasado 18/10/2018 aprobouse o convenio entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o propio Concello para o acondicionamento da Avd. de Celanova (OU-531). Así mesmo, tivemos acceso tamén ao proxecto reformulado que é o que actualmente asume como propio o grupo de goberno para executar esta obra. Para non repetir erros . . .
O BNG de Xinzo rematou un proceso interno desenvolvido dende hai varias semanas e onte presentoulle á militancia e simpatizantes os tres primeiros nomes da candidatura para as eleccións municipais de 2019. Encabezando a lista estará Ramiro Rodríguez, actual concelleiro e deputado provincial, o número dous será para Alba María Feixóo e o terceiro posto . . .
A celebración hoxe, ás presas, do pleno extraordinario no que resultou elixido alcalde o terceiro candidato do PP, Manuel Cabas, logo da renuncia forzada pola xustiza de Antonio Pérez, e da dimisión inesperada por “motivos persoais” de Manuel Casas, é un capítulo máis do culebrón permanente no que o Partido Popular leva convertido ao Concello . . .