Na Xunta de Goberno Local do 24 de maio do 2017 acordouse a concesión da licenza urbanística a unha Planta de produción de mestura bituminosa en quente na canteira de Bouzas nº266 de Parada de Ribeira. Este expediente, que no seu día foi iniciado pola empresa OCA, S.A., actualmente é promovido pola empresa “Obras, Pavimentos . . .
Logo de anos de tramitación e cun troco normativo polo medio, o grupo de goberno do PP ven de dar luz verde á posta en marcha da Planta de produción de mestura bituminosa en quente na canteira de Bouzas, nº266, de Parada de Ribeira. De nada serviron os centos de alegacións presentadas polos veciños e . . .
O proxecto actual da avenida de Celanova, que contempla a eliminación das árbores centenarias alí existentes, é unha aberración desde todos os puntos de vista e non se xustifica baixo ningún criterio de seguridade nin urbanístico. Os veciños e veciñas desa rúa merecen unha solución á problemática que existe na actualidade, mais esta non pasa, . . .
Recentemente vimos de coñecer polos medios de comunicación a intención do Concello de executar un proxecto de arranxo da Avenida de Celanova que implicaría a eliminación das árbores actuais. Dende o BNG de Xinzo entendemos que se debe apostar polo mantemento e potenciación dos espazos verdes así como de todas as árbores existentes na vila, . . .