Tag: xunta

O BNG denuncia a falta de persoal no Centro de Saúde

Nos últimos anos en Galiza o PP impulsou todo tipo de medidas e recortes que provocaron unha redución na sanidade pública de 2.000 millóns de euros, ademais de 2.000 profesionais menos. Todos estes recortes, intencionadamente planificados e programados, teñen unha gravísima repercusión nos servizos e na asistencia sanitaria á poboación e evidencian que a política . . .

O proxecto actual da avenida de Celanova é unha aberración que non se xustifica baixo ningún criterio urbanístico nin de seguridade

O proxecto actual da avenida de Celanova, que contempla a eliminación das árbores centenarias alí existentes, é unha aberración desde todos os puntos de vista e non se xustifica baixo ningún criterio de seguridade nin urbanístico. Os veciños e veciñas desa rúa merecen unha solución á problemática que existe na actualidade, mais esta non pasa, . . .

O BNG rexeita a tala das árbores da estrada de Celanova e solicita repensar o proxecto

Recentemente vimos de coñecer polos medios de comunicación a intención do Concello de executar un proxecto de arranxo da Avenida de Celanova que implicaría a eliminación das árbores actuais. Dende o BNG de Xinzo entendemos que se debe apostar polo mantemento e potenciación dos espazos verdes así como de todas as árbores existentes na vila, . . .

Pleno ordinario [22-12-2014]

Hoxe ás 11:00h celébrase reunión do Pleno cun único punto salientábel na orde do día: Requirimento da Xunta de Galiza para a anulación do acordo plenario de 30/10/2014 sobre a aprobación definitiva do “Estudo de Detalle da Reordenación de volumes na Avd. de Ourense nº130, esquina Pista dos Castros”. Orde do día pleno ordinario 22-12-2014

O BNG solicita que se analicen as posibilidades do novo marco legal en materia de cemiterios

Logo da recente aprobación do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galiza, e coa intención de que se revise en profundidade a problemática existente no noso Concello no tema dos cemiteiros, o Grupo Municipal do Bloque de Xinzo rexistrou unha moción solicitando que se analicen as posibilidades que brinda a nova . . .